Fallout 3, War Never Changes…

fallout-3-ss-26Fallout 3, videoxogo desenrolado por Bethesda Game Studios e distribuído por Bethesda Softworks, foi un dos xogos do ano 2008, coa súa mestura case perfecta entre rol, acción, e fps (First Person Shooter).

Como ben indica o título, este é o número 3 da serie, que aínda que non ten moito que ver coas historias dos anteriores, sí ten un trasfondo común, que é o mundo onde se desenrolan:

Imaxinade unha realidade alternativa, unha onde os Estados Unidos romperon relacións co resto do mundo, e a moda e a cultura evolucionaron seguindo as tendencias dos anos 50 (se vistedes algunha película de ciencia ficción da época, podedes facervos unha idea do que vos falo, se non, pois xa vos poño algunha imaxe no artigo)

fallout3_021

Pois ben, atopámonos no ano 2277, época situada 200 anos despois de que, a mediados do século 21 os conflictos internacionais remataran nunha cruenta guerra sino-estadounidense, que rematou nun apocalipse nuclear que devastou o mundo tal e como o coñecíamos.

O noso protagonista nace dentro dun refuxio, en concreto o Vault 101, un dos que se construiron fai 200 anos para protexer a xente da guerra nuclear. Según che contan, en 200 anos ninguén saíu do refuxio, pois tendes todo o que necesitades para vivir, e é o único mundo que coñeces, aquí vas medrando, ata que te convirtes nun cidadán de pleno dereito do refuxio, todo vai ben ata que, un día, cando cumples 19 anos, o teu pai se fuga do refuxio, e descubres que sí había algo máis fora, pero que os lideres do refuxio estiveran ocultando a saída de equipos de investigación ó exterior, polo que decides ir a buscalo, para saber cal foi a razón que o levou a marchar e deixarte alí abandonado sen dar ningunha explicación.

fallout3__5_

En este punto é cando o xogo comeza realmente, atoparás un mundo desolado, ó que os seus habitantes chaman ermo capital, que non é se non os restos da cidade que algún día fora Washington. Descubres tamén que hai máis humanos vivindo como poden e sobrevivindo neste lugar baldío e salvaxe, ademáis de criaturas monstruosas evolucionadas pola radiación que nos atacarán en canto nos vexan.

Descubriremos tamén que a escasez de comida, armas e recursos serán tamén unha das constantes do xogo, ademáis de, facendo honor á súa parte máis roleira, darnos conta de que haberá que estar pendientes do estado de armas e equipo, pois deterioranse bastante rápido, e non será facil atopar pezas de recambio neste mundo desolado.

Fallout_3_Nuka_Cola_Poster

Falando da parte máis roleira do xogo, esta faise especialmente evidente á hora de evolucionar o noso personaxe, asignando puntos de habilidades e caracteristicas, ademáis de ir gañando puntos con cada subida de nivel para mercar novas habilidades que nos axuden a sobrevivir.

Aquí tamén está un dos puntos fortes do xogo, pois dependendo do que decidamos facer en cada momento, o noso karma influirá no desenrolo do xogo, e no que poidamos/debamos/queiramos facer, o que fai este título totalmente rexogable, pois podemos escoller tantas opcións distintas que cada vez que xoguemos o podemos facer de unha maneira distinta: podemos ser bos, malos, cínicos, neutrais… etc, con todo o que conleva, pois hai moitas opcións que só serán escollibles en base ó karma que teñas en determinado momento.

fallout-3-20070418043058590Agora é cando volvemos á estética, pois atopamonos nun mapeado inmenso, onde recoñeceremos moitos monumentos, pero ó mesmo tempo, se nos fixamos nos carteles, arquitectura, coches, e incluso na música que soa pola radio (si, podedes escoitar un par de emisoras que siguen en funcionamento, a emisora do Enclave, chea de himnos militares e discursos do presidente, e radio Galaxia, que pon a pouca música que conseguiu sobrevivir ó apocalipse), podemos ver que en algún tempo, todo foi como nunha película de ciencia ficción dos anos 50, pero agora se parece máis a calquera entrega de Mad Max, si, sei que parece raro, pero funciona.

Un dos puntos a destacar deste xogo é sen duda a gran banda sonora, perfectamente integrada no xogo, gracias as emisoras de radio presentes no mundo do xogo, con temas de Billie Hollyday, The Inkspots, Cole Porter, ou Roy Brown, entre outros, que aínda que pareza chocante para un xogo como este, engaden un punto máis de melancolía polo mundo que deixamos atras

En definitiva, un xogo tremendamente recomendable, aínda que de primeiras pareza abrumador polo gran número de opcións que nos da a elexir, pero tremendamente adictivo, á par que disfrutable 100%

Aquí vos deixo un video coas mellores cancións de Radio Galaxia:

Planetes

ImaxePlanetes é unha serie Anime basada nun cómic de Makoto Yukimuraencadrada nun futuro onde a humanidade conquistou o viaxe espacial e o ten como algo común, vivindo non só na terra, se non que tamén existe unha colonia na lúa, e diversas estacións espaciais con milleiros de habitantes.

A serie comeza cando a raíz do accidente sufrido pola nave de pasaxeiros Alnail-8, no ano 2068, o problema da basura espacial cobra especial protagonismo: satélites artificiais, tanques de combustible abandonados polas lanzadeiras, residuos derivados da construcción de estacións espaciais, etc…

Todos estos residuos orbitan ó redor da terra a velocidades cercanas ós 8 km/s. , e para evitar que se producise outro accidente, estimouse preciso para a carreira espacial manter baixo control a súa recollida.

Estamos no ano 2075, na estación espacial Tecnora, e os protagonistas da historia son o conxunto formado pola Sección de recollida de residuos, encargado de deixar o espacio libre de basura espacial.

A través das súas vivencias e relacións entre eles, e co resto do personal da estación, imos vendo como evolucionan.Planetes-Manga-001

Ó estilo de Cowboy Bebop, faise uso do humor en certas escenas, para alixeirar e dinamizar a seriedade dalgunhas das historias que se nos contan, tratando situacións como o enfrentamento da xente coa inmensidade do espacio, os soños e perspectivas de futuro frustrados, ou mesmo os problemas personais que se producen entre xente obligada a traballar xunta nun espacio confinado, sen posibilidade de desconectar.

Deixando de lado a parte máis humoristica e “manga” da serie, dicir que esta é unha serie de ciencia ficción bastante recomendable.

Farenheit 451 de Ray Bradbury

Morreu Ray Bradbury, un dos pais da ciencia ficción, e como homenaxe vou falar dun dos seus relatos máis famosos, e que a pesar de ser ciencia ficción, por desgracia, e tristemente, non está tan lonxe da situación actual do mundo.

Fahrenheit 451 é a utopía máis negra, horrorosa e apocalíptica que nos poida ofrecer a literatura de ciencia-ficción.

Nesta obra insuperable, Bradbury describe unha sociedade na que libros e lectura están proscritos, na que impera o culto ó hedonismo puro e duro, e na que os poderes públicos perseguen e declaran proscrito a todo aquel que posúa libros, a tódolos que, a escondidas, se entregan ó nefasto vicio da lectura.

No mundo descrito por Bradbury hai que ser feliz por decreto, e a gran maioría da xente cumple a rajatabla; Claro que esta realidade é una felicidade vacía, implantada nos débiles cerebros das masas a través, sobre todo, da televisión.

Ler obriga a pensar por un mismo, fai que a xente se cuestione as cousas, e impide ser estúpido e feliz. Por eso, no mundo que Bradbury describe atesourar libros e un delito, e ler, un crimen aínda peor, severamente castigado pola lei.

Esa conducta asocial debe de ser erradicada por calquera medio, a fin de que os novos apestados, os que non só se atreven a ler, senon que ademáis intentan que os demáis lean, non contaminen ó resto con tan perniciosos hábitos.

Montag, protagonista de esta historia, é un bombeiro. Pero neste mundo de pesadelo os bombeiros xa non son o que eran, pois a súa función agora non é apagar incendios, senon provocalos.

En vez de extintores usan lanzachamas, porque o seu traballo converteuse en reducir a cinzas ata a última páxina impresa que caia nas súas mans.

Son a nova policía política, consagrada á destrucción do patrimonio literario da humanidade, para así protexer a Nova Orde Imperante.

A pesar da propaganda con que se bombardea constantemente á poboación, e o sutil pero continuo lavado de cerebro ó que é sometida a xente por medio da televisión, Montag faise preguntas e alberga no máis íntimo do seu ser terribles dudas sobre esa sociedade á que “sirve”.

Un día, durante un servicio, e sen saber moi ben por qué, colle un dos libros e ocultao baixo a roupa.

Ese xesto marcará a súa vida para sempre, porque dende o momento en que comece a ler, furtivamente, con medo, pero cada vez con más ansia, Montag xa non volverá a ser o mismo.

O libro foi escrito en 1953, pero moitas das críticas que fai  da sociedade de aquel entonces, poden ser proxectadas á nosa época, como por exemplo, a sociedade do consumismo e a tecnoloxía,  ou o feito mesmo de que a xente prefira ver a televisión a ler.
Bradbury reflexa a sociedade resultante como unha masa de individuos ignorantes que non saben nin de onde veñen nin a onde van, estancados, sen evolución posible, nin como sociedade nin como individuos.

Critica tamén os gobernos utilitaristas e opresores que utilizan a demagoxia e a mentira co propósito de controlar a poboación, e critica ó mesmo tempo a época que se viviu en Estados Unidos nada máis rematar a Segunda Guerra Mundial. Unha época na que o goberno intentou tranquilizar a poboación e desviala de temas morais como o que rodeaba o feito de haber usado a bomba atómica.

A historia foi levada ó cine en 1966 polo director François Truffaut, e protagonizada por Oskar Werner e Julie Christie

nota: O título da obra, Farenheit 451, é a temperatura á que o papel comeza a arder, que é equivalente a 233 ºC.

El Juego de Ender

Orson Scott Card creou unha das obras de referencia da ciencia-ficción, cando en 1985 publicaba El Juego de Ender

O libro trata a historia de Andrew “Ender” Wiggin, un neno de 6 anos que vive nun mundo de post-guerra, que se está preparando xunto a outros nenos na Escola de Batalla para dirixir os exércitos da terra en unha segunda guerra contra unha raza alieníxena coñecida polos humanos como “Insectores”.

Todo o libro se centra sobre todo no entrenamento dos rapaces, en cómo reaccionan estos física e psicolóxicamente a un entrenamento militar que se lles plantea como un xogo de rivalidades que non entenden.

O autor consigue que nos identifiquemos plenamente con Ender, entendendo o seu punto de vista sobre os militares, os seus sentimentos encontrados ante a súa capacidade de liderazgo, e incluso o sorprendente final que garda a historia.

Por outro lado na historia temos ós dous irmáns de Ender, Peter e Valentine, que mentras Ender sigue o seu entrenamento, buscan modificar a opinión pública mundial mediante a súa participación en foros de redes informáticas, adoptando dúas personalidades falsas, o sensato Locke (a cargo de Peter) e o demagogo xenófobo Demóstenes (a cargo de Valentine). En esta parte do libro usa conceptos polos que a obra incluso se pode clasificar de literatura de anticipación, debido a algunhas das prediccións que fixo con respecto ó uso de redes sociais, blogs e foros:

“—Peter, tienes doce años.
—No, en las redes, no. En las redes puedo llamarme como quiera, y tú también.” (141)

Esto é unha notable anticipación nunha novela escrita cando apenas existían os primeiros boletins en rede y redes de Usenet

Tamén se anticipa o autor mediante o entrenamento psicolóxico que lle realizan a Ender ós xogos multinivel, e os entornos virtuais, en aquel entonces pura fantasía debido ás limitacións informáticas.

El Juego de Ender foi galardonado en 1985 con un premio Hugo e en 1986 un premio Nébula á mellor novela.

Scott Card continuou a Saga de Ender con outros tres libros, convertindoa así nunha tetraloxía que nos conta a vida do protagonista:

El Juego de Ender
La voz de los muertos
Ender el Xenocida
Hijos de la mente

Posteriormente Scott Card escribíu outros catro libros, denominados Saga de la Sombra, que contan historias de personaxes que na saga de Ender figuraban como secundarios, ou como no caso de La sombra de Ender (o máis recomendable dos catro), contan os feitos do primeiro libro, pero de forma paralela, dende o punto de vista de Bean, un dos rapaces que entrenaban con Ender. Esta saga componse dos seguintes libros:

La sombra de Ender
La sombra del Hegemon
Marionetas de la Sombra
La sombra del Gigante