Asterios Polyp

David Mazzuchelli destacou a mediados dos oitenta xunto a Frank Miller, deslumbrando á crítica co seu traballo en Batman: Año Uno e Daredevil: Born Again, aínda que despois non se deixou ver moito aparte dalgunhas historias cortas e intervencións en revistas. Ata este Asterios Polyp, onde volve á primeira liña cun cómic de gran formato.

A vida de Asterios Polyp, un arrogante arquitecto de 50 anos, vese alterada por un raio que incendia a súa casa, dándolle a excusa para romper coa súa vida e comezar de novo.

Ó longo deste periplo, irá facendo un repaso do que foi a súa vida, e as relacións cos seus familiares e a muller que ama, mentras imos vendo como sobrevive alonxado de todo o que facía ata agora, vivindo cunha familia nunha pequena cidade, coa que atopará a maneira de reconciliarse co seu pasado.

Asterios Polyp 001 (123) A temática é case unha anécdota nesta obra, pois historias deste tipo hai moitas, e contadas de practicamente calquera maneira posible, polo que dende o punto de vista do guión non imos atopar nada novo.

Sen embargo, David Mazzuchelli consegue atraparnos gracias a un grafismo distinto, aproveitando tódolos recursos posibles no mundo do cómic, dende os estilos de debuxo ata as planificacións das viñetas, e incluso as tipografías, co que consegue transmitirnos perfectamente tanto as personalidades como os estados de ánimo dos personaxes, sen ter que apoiarse en descripcións innecesarias.

En sucesivos flashbacks, iremos coñecendo a Asterios, as súas circunstancias e o seu carácter, mentras vemos como a nova situación que vive lle permite poñer en orde os seus pensamentos e volver a comezar. E así, lenta pero inexorablemente iremos vendo como Asterios cambia sen cambiar, e se converte nunha persoa nova, sen deixar de ser él mismo.

Asterios Polyp 000Todo neste cómic está planeado ó detalle, de forma que  vemos como o uso das cores e os estilos de debuxo define cada momento con claridade: no presente, e nos momentos oníricos usa tonos amarelos, mentras que no pasado usa azuis e vermellos. Estas dúas cores son usadas tamén, xunto co estilo de debuxo, para definir a relación de Asterios con Hanna, a súa muller, él é azul, con trazos esquemáticos, case de debuxo técnico, mentras a súa muller é vermella, con trazos de debuxo artístico, e cando hai un acercamento entre eles, os tonos tenden á cor violeta.

O autor realiza varias reflexións nesta obra, dende a identidade, ligado ó tema literario do Doppelganger (o dobre de un mesmo) e a dificultade de coñecer realmente ó Outro, ou o destino, usando tamén como recursos o mundo onírico, e os mitos clásicos (xenial a escena na que conta o mito de Orfeo e Eurídice), ademáis de relacionar disciplinas como a arquitectura, a música, a danza ou a pintura.

Unha das mellores novelas gráficas que lin últimamente, cun Mazzuchelli en estado de gracia, demostrando ser un autor completo, capaz de encargarse á vez tanto da parte gráfica como da parte literaria, e superando o desafío con moi boa nota

Recibiu catro nominacións ao Eisner Award do 2010, gañando o de mellor novo álbum gráfico, mellor escritor/artista e mellor rotulación. Tamén gañou tres Harvey Awards no 2010

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s