Cowboy Bebop, cómo unha banda sonora fai grande unha serie

Cowboy Bebop é unha serie de anime de 26 capítulos

O mellor desta serie é o tono adulto, alonxándose totalmente da fiebre pokedigimaníaca que invadíu as emisións de anime non fai moito.

Esta serie conta as aventuras da tripulación da Bebop, unha nave espacial de cazarrecompensas, que se desenrolan nun futuro no que parte da terra foi destruída por un accidente estelar, e a humanidade vive en diferentes colonias esparcidas por satelites e planetas do sistema solar.

A tripulación, composta por Spike e Jet, que ó longo da serie van atopando novos compañeiros para a nave, como son Faye, unha cazarrecompensas adicta ó xogo, con problemas de amnesia que lle impiden recordar o seu pasado, ou eso di ela, Ein, un can creado xenéticamente con unha intelixencia superior que os habitantes da nave parecen ignorar, e Ed, unha hacker duns 13 anos con un comportamento cando menos peculiar.

En cada un dos 26 capitulos da serie, contasenos unha aventura deste grupo de personaxes, e en cada capitulo se nos vai desgranando un pouco máis do pasado de cada un, amosándonos grandes secundarios como Julia e Vicious, creando e definindo perfectamente a cada un deles, descubrindo que máis de un ten un pasado oscuro moi alonxado do tono alegre e desenfadado co que comeza a serie, que vai tomando dramatismo ó longo dos capítulos para rematar cun final perfecto unha gran historia de amizade, traición, amor, drama, western (si, western, de feito póderíase dicir que esta historia é un western espacial).

A historia da serie é un dos pilares básicos da serie, que non sería tan grande se non fora pola banda sonora composta pola xenial Yōko Kanno (compositora tamen de grandes bandas sonoras como as de Wolfs rain, Ghost in the shel S.A.C. ou The Vision of Escaflowne) que aporta a cada capítulo a atmósfera precisa para contar a historia correspondente dunha maneira maxistral, e onde podemos escoitar pezas de acid jazz, bebop, blues, country, heavy metal, funky, clásica, e pezas vocais interpretadas por Steve Conte, Ilaria Graziano ou Mai Yamane.

Unha idea do importante que é a banda sonora en esta serie é o feito de que moitos episodios foron titulados conmemorando cancións famosas: “Honky Tonk Woman”, “Jamming with Edward”, “Sympathy for the Devil”, “Toys in The Attic”, “Bohemian Rhapsody”, “My Funny Valentine”, “Speak Like a Child”, “Wild Horses”, “Hard Luck Woman”, “The Real Folk Blues”, “Black Dog Serenade” etc.

O resto dos episodios son titulados mediante a combinación de algún estilo musical con elementos do fio argumental, por exemplo, “Mushroom Samba” (Un episodio divertidísimo), “Cowboy Funk” e “Waltz for Venus”. Os títulos figuran en inglés incluso na versión orixinal Xaponesa.

Esta é unha serie de visionado obligatorio, que gustará incluso a quen normalmente non vexa anime. E cunha gran banda sonora. Oito discos cheíños de boa música.

Aquí queda un video de Yōko Kanno cos Seatbelts, interpretando o Opening da Serie

E outro video musical con unha das cancións cantadas por Steve Conte

1 thoughts on “Cowboy Bebop, cómo unha banda sonora fai grande unha serie

  1. Pingback: Planetes | Sen papel

Deixar un comentario