The Wire: The Game is the Game Yo!

The Wire é unha das mellores series de televisión que vin ultimamente.

Durante cinco temporadas, cóntasenos o día a día da cidade de Baltimore, invadida polo crime e a corrupción, a través do traballo dun equipo especial de escoitas creado pola policía.

Unha das mellores escenas da serie, mostrando a realidade do traballo policial

Non é unha serie policíaca ó uso, de feito, nin sequera se pode considerar unha serie policíaca. É un canto a Baltimore, o burato de EEUU, unha cidade que ó contrario que Nova York ou Los Angeles, non ten unha contrapartida brillante que maquille as súas miserias, como Hollywood ou Wall Street.

E en esto a serie é realista case ata o extremo, mostrando tanto a crudeza da situación nos barrios pobres, de cómo a xente acaba metida no tráfico de drogas, cómo a corrupción impera nos distintos estamentos da cidade, ou os problemas morais que teñen os protagonistas, chegando en máis de unha ocasión a estar na encrucillada de ter que decidir se facer o correcto, ou ir pouco a pouco traspasando a liña da legalidade para sobrevivir.

The Wire é unha serie coral, cada temporada abarca unha parte de Baltimore, e incluso pertencen case cada unha a un xénero distinto, tendo a policía como fio conductor da trama, e sempre vendo tódolos puntos de vista, o da policía e o dos cidadáns.

Na primeira temporada vemos como é o día a dia da loita contra o tráfico de drogas nos barrios marxinales, na segunda relátasenos a vida dos estibadores no porto, os casos de contrabando que se producen en el e  a corrupción nos sindicatos. Na terceira temporada vemos a política, e as loitas de poder na cidade e, enlazando coa cuarta cómo a corrupción chega incluso ó sistema educativo. Na quinta e última temporada, vemos o funcionamento da prensa na cidade, a traves dos reporteiros dun periódico cubrindo os sucesos que investigan os nosos protagonistas, e ó longo da serie vemos cómo ó final, no funcionamento do sistema, todo está relacionado, e nada cambia, sempre segue o mesmo xogo, pero con novos xogadores.

O punto forte desta serie, ó contrario que a maioría das series policíacas, como por exemplo CSI, é o seu realismo.

Aquí os testigos non falan, os acusados non se desmoronan, os policías teñen familia e problemas para chegar á escena do crime a tempo, os xuices están máis interesados na súa carreira que na xustiza, balística non funciona sempre ben, a burocracia é agotadora, o presuposto non chega e os micros escondidos acoplan, os sarxentos emborrachanse, o café está frío, e os malos, moitas veces, son máis nobles e mellores que os bos.

The Wire ten momentos de culto e personaxes inesquecibles: McNulty, Bunk, Freamon, Prez, Cedric, Kima, Carver, Avon Barksdale, ‘Stringer’ Bell, Omar, ‘Bubbles’, Marlo, D’Angelo, Bodie, Dukie, Michael, Snoop,  o clan dos Sobotka, o Griego, Clayton “shiiiit” Davis, o concellal Carcetti ou o redactor xefe Gus Haynes, entre moitos outros

Unha recomendación especial: Se podedes, esta serie merece moito a pena vela en versión orixinal