Thorgal, de Rosinski e Van Hamme

Thorgal é unha das obras máis lonxevas do cómic europeo, con preto de 35 anos de publicación, e aínda continúa.

Foi creado polo guionista Jean Van Hamme e o debuxante Grzegorz Rosinski en 1977

A serie comprende por agora un total de 33 álbumes, que conteñen unha inusual mezcla de xéneros, dende a aventura e fantasía, e pasando pola ciencia ficción en algunha ocasión.

Van Hamme ocúpase dos guións ata o volumen 29, que poderíamos considerar un arco argumental completo, pasando a continuación da historia a mans de Yves Sente, que comeza un arco argumental novo, protagonizado por Jolan, o fillo de Thorgal.

A historia contanos as aventuras de Thorgal Aegirsson, xa adulto, do que sabemos que é un orfo atopado polos vikingos no mar, razón do apelido Aegirsson (fillo de Aegir, Deus do mar).

Thorgal é un aventureiro á forza, él só quere vivir en paz coa súa familia nun mundo no que non acaba de encaixar, debido ó misterio da súa orixe, que se irá desvelando ó longo da serie, na que fará grandes viaxes, e nas que coñecerá paises e civilizacións coas que os seus compañeiros vikingos nin se atreverían sequera a soñar, dende o xélido norte vikingo ata a húmeda selva centroamericana, pasando por illas paradisíacas, a inglaterra prerromana, ou mundos de fantasía que Rosinski debuxa con tal maestría que é un pracer deterse a admirar todas e cada unha das viñetas que compoñen esta historia.

Outro dos puntos fortes desta obra son os múltiples personaxes secundarios que Thorgal vai coñecendo ó longo das súas aventuras, definidos de forma maravillosa, como Tjall o Impetuoso, Kriss de Valnorr, Loba, ou os irmans Derek e Lehla, dos que Van Hamme e Rosinski logran que nos encariñemos en tan só algunhas páxinas.

En definitiva, unha obra fundamental do cómic europeo, que merece a pena tanto polas historias que nos conta Van Hamme, como polos magníficos debuxos de Rosinski.