Wolf`s Rain

Nun futuro non tan lonxano, a terra converteuse nun vasto erial, onde as cidades e pobos son como oasis onde se agrupa a poboación, dominada por unha estirpe de nobles que manteñen o pobo oprimido mentras viven na opulencia.

Conta unha lenda que existe algo chamado “Libro da Lúa” unha especie de recopilación de profecías que di que cando o mundo esté na súa hora de maior necesidade, os lobos virán para atopar o camiño ó paraíso coa axuda da flor lunar, e entón chegará o fin do mundo tal e como o coñecemos…

O único problema é que os lobos se extinguiron fai uns centos de anos.

Así arrinca o primeiro capítulo, no que veremos cómo un lobo aparece de repente e pon en xaque ás autoridades da cidade, e descubrimos que realmente os lobos non se extinguiron, senón que se ocultan entre os humanos, usando unha sorte de poder mental, que crea a ilusión na mente humana de que son coma nós.

Ésta é a premisa de Wolf’s Rain, unha serie de 30 capítulos que nos relata a viaxe de catro lobos: Kiba, Hige, Tsume, e Toboe na súa busca da Flor Lunar e o tan ansiado paraíso

É unha das series máis intensas e dramáticas que vin nunca, sobre todo gracias á ambientación que consegue a gran banda sonora da mestra Yōko Kanno, que consegue darlle á historia ese tono apocalíptico e melancólico do lento decaer do mundo, tomando cara ó final da historia un dramatismo e tensión emocional que vin en poucas series deste tipo.

Outro dato da banda sonora é que as letras das cancións están incorporadas na historia, sendo de gran importancia para moitos dos capítulos, e incluso para entender a historia na súa totalidade.

Aqui queda o opening da serie, cantado por Steve Conte

Deixar un comentario