Asterios Polyp

David Mazzuchelli destacou a mediados dos oitenta xunto a Frank Miller, deslumbrando á crítica co seu traballo en Batman: Año Uno e Daredevil: Born Again, aínda que despois non se deixou ver moito aparte dalgunhas historias cortas e intervencións en revistas. Ata este Asterios Polyp, onde volve á primeira liña cun cómic de gran formato.

A vida de Asterios Polyp, un arrogante arquitecto de 50 anos, vese alterada por un raio que incendia a súa casa, dándolle a excusa para romper coa súa vida e comezar de novo.

Ó longo deste periplo, irá facendo un repaso do que foi a súa vida, e as relacións cos seus familiares e a muller que ama, mentras imos vendo como sobrevive alonxado de todo o que facía ata agora, vivindo cunha familia nunha pequena cidade, coa que atopará a maneira de reconciliarse co seu pasado.

Asterios Polyp 001 (123) A temática é case unha anécdota nesta obra, pois historias deste tipo hai moitas, e contadas de practicamente calquera maneira posible, polo que dende o punto de vista do guión non imos atopar nada novo.

Sen embargo, David Mazzuchelli consegue atraparnos gracias a un grafismo distinto, aproveitando tódolos recursos posibles no mundo do cómic, dende os estilos de debuxo ata as planificacións das viñetas, e incluso as tipografías, co que consegue transmitirnos perfectamente tanto as personalidades como os estados de ánimo dos personaxes, sen ter que apoiarse en descripcións innecesarias.

En sucesivos flashbacks, iremos coñecendo a Asterios, as súas circunstancias e o seu carácter, mentras vemos como a nova situación que vive lle permite poñer en orde os seus pensamentos e volver a comezar. E así, lenta pero inexorablemente iremos vendo como Asterios cambia sen cambiar, e se converte nunha persoa nova, sen deixar de ser él mismo.

Asterios Polyp 000Todo neste cómic está planeado ó detalle, de forma que  vemos como o uso das cores e os estilos de debuxo define cada momento con claridade: no presente, e nos momentos oníricos usa tonos amarelos, mentras que no pasado usa azuis e vermellos. Estas dúas cores son usadas tamén, xunto co estilo de debuxo, para definir a relación de Asterios con Hanna, a súa muller, él é azul, con trazos esquemáticos, case de debuxo técnico, mentras a súa muller é vermella, con trazos de debuxo artístico, e cando hai un acercamento entre eles, os tonos tenden á cor violeta.

O autor realiza varias reflexións nesta obra, dende a identidade, ligado ó tema literario do Doppelganger (o dobre de un mesmo) e a dificultade de coñecer realmente ó Outro, ou o destino, usando tamén como recursos o mundo onírico, e os mitos clásicos (xenial a escena na que conta o mito de Orfeo e Eurídice), ademáis de relacionar disciplinas como a arquitectura, a música, a danza ou a pintura.

Unha das mellores novelas gráficas que lin últimamente, cun Mazzuchelli en estado de gracia, demostrando ser un autor completo, capaz de encargarse á vez tanto da parte gráfica como da parte literaria, e superando o desafío con moi boa nota

Recibiu catro nominacións ao Eisner Award do 2010, gañando o de mellor novo álbum gráfico, mellor escritor/artista e mellor rotulación. Tamén gañou tres Harvey Awards no 2010

Coheed and Cambria: Música, Cómic e Literatura

images

Calquera de nós escoitou algunha vez un disco conceptual, o que xa resulta é un pouco máis raro é falar dun grupo o que poderiamos de algunha maneira definir como conceptual en tódolos seus aspectos, como é o caso dos neoyorquinos Coheed and Cambria.

1350164416_coheed_and_cambriaNon é un grupo que se poida considerar fácil de escoitar, pois, como tódolos grupos denominados como “progresivos” (e poño este termo entre comillas, pois os seus temas tocan dende o pop máis melódico ata o rock progresivo máis técnico, pasando por estilos como o Hard Rock, o Metal, etc.) precisan de unha escoita moito máis atenta, tanto no musical como nas letras, que soen ser moi elaboradas e incluso a veces precisan de varias escoitas para poder disfrutalas en toda a súa dimensión.

Outra das cousas particulares, case poderiamos dicir que identitarias, é a voz do seu cantante, pois ten un timbre moi peculiar, que quizais a algunhas persoas chegue a botalos para atrás na súa escoita. (ademais, non deixa de ser curioso escoitalo, e despois velo, pois é un mangallón envolto nunha maraña de pelo, que o que menos te imaginas é que teña esa voz)

Dicía que para disfrútalas en toda a súa dimensión, a veces este tipo de grupos precisan de varias escoitas, pero no caso deste grupo, atopamos outra dimensión extra.

IKSSE1A1amory4Para poñervos en antecedentes, Claudio Sánchez, guitarrista e compositor do grupo, é tamén guionista dunha serie de cómics e libros , chamada The Amory Wars, na cal mezcla aventuras con ciencia ficción (eso sí, que ninguén espere atoparse cunha obra mestra do cómic, senon que é simplemente unha boa historia de aventuras, eso sí, con grandes influencias dos clásicos do xénero), e de aquí parte o concepto do grupo, pois cada un dos seus discos vai contando a historia dos seus cómics, de maneira que, ademais de contar a historia, se complementan coas viñetas, dándolle máis riqueza e profundidade ó que Claudio Sánchez nos conta, permitindonos ir un pouco máis alá do que sona nos discos, ou do que podemos ler nas páxinas da historia.


4501933360_f77ee79980O primeiro disco da banda, The Second Stage Turbine Blade, comeza coa segunda parte da historia, e correspondese co primeiro volume dos cómics

1000x1000O segundo disco, In Keeping Secrets of Silent Earth:3 que foi o que os catapultou á fama, tanto pola producción como pola evolución e madurez da banda, correspóndese co segundo volume do cómic, que en esta ocasión é coguionizado por Claudio Sánchez e o consagrado autor de cómics Peter David, que contribúe a darlle un salto de calidade á historia.

descarga
O terceiro e cuarto discos son os titulados Good Apollo, I’m Burning Star IV, volumes 1 e 2, cos respectivos subtítulos From Fear Through The Eyes Of Madness e No World For Tomorrow, que relatan o fin da historia.220px-GoodApolloCover

Dito final foi publicado nunha novela grafica, aínda que parece ser que Claudio Sánchez non quedou demasiado contento con esta novela, polo que en estos momentos se atopa descatalogada, a espera de que Sánchez retome a serie de cómics e nola conte da maneira que el tiña pensada.

year-of-the-black-rainbow-4f205f3b6eab1yotbr.novel_.cover_E chegamos así ó último disco da saga, na que se nos relata ó fin o primeiro capítulo da historia, cometido para o cal a banda pública o disco Year of the Black Rainbow.

Así mesmo, Claudio Sanchez publica o libro homónimo, relatando este primeiro capítulo, contando de novo con Peter David ó cargo da novelizacion.

coheed-and-cambria-the-afterman-ascensionTras finalizar a saga Amory Wars, o grupo publicou o disco The afterman, dividido en dúas entregas, “Ascension e “Descension, xunto co libro The Afterman, coescrito por Claudio Sánchez e Peter David, recollendo letras, traballo gráfico e historia ambientadas precedendo o contado en Year of the Black Rainbow.

coheed-and-cambria-the-afterman-descension-album-cover-640x640Este doble disco, tecnicamente non forma parte da saga Amory Wars, aínda que si está ambientado no mismo universo, chamado “The Heaven’s Fence” (como curiosidade, dicir que os fans do grupo se fan chamar “Children of the Fence”)

E para finalizar, o indicador de que esta grupo ten algo especial, Atopámola en Neverender. Un cuádruple DVD, onde se nos mostra o grupo realizando o titánico proxecto de tocar, en catro noites seguidas os seus primeiros 4 discos, e aínda que a banda está perfecta no escenario, o verdadeiro espectáculo está na entrega do público asistente.

300-entertainmentEste ano 2015, veñen de sacar o disco The Color Before The Sun, no que, parece ser deixan de lado a saga espacial, para contar outras cousas das que lles apetece tratar, así como darlle un descanso ós discos conceptuais.

Coheed and Cambria tivo varios membros ó longo dos anos, e está actualmente formado por:

Claudio Sánchez – Voz, guitarra e teclados, Travis Stever – Guitarra e voz, Josh Eppard – Batería e coros, e Zach Cooper – Baixo e coros

Blacksad, cine noir en viñetas

01203450701_gCando Juanjo Guarnido e Juan Diaz Canales crearon a John Blacksad,  non puideron ter mellor idea que facer que fose un gato negro,  pois non hai animal que mellor represente ó protagonista Noir por antonomasia,  un tipo duro, marcado pola mala sorte,  irónico e bastante canalla,  pero que aínda así,  ten un sentido da moral estricto,  e incluso a veces bastante inxenuo e simplista, que resulta ser a súa única arma para sobrevivir nun  mundo escuro, cruel e cheo de inxustiza.

Blacksad,  componse de cinco álbums, todos eles ambientados nos Estados Unidos pre-guerra fría, durante os que se  vai desenrolando un conxunto de historias e personaxes inesquecibles, aproveitando para facer un retrato dunha sociedade e unha época de cambios,  onde se nos vai mostrando que por moito que cambien os tempos,  ó final á xente segue sendo mezquina e egoísta,  aínda que de vez en cando poidamos ver un raio de esperanza.

blacksad1-page5-case2A obra está repleta de referencias á xeración beat, sendo varios dos protagonistas da trama trasuntos de Jack Kerouac,Allen Ginsberg, William Burroughs e Neal Cassady.

Díaz Canales escribíu un conxunto de historias narradas cunha maestría excepcional, nada está fora do seu sitio, ningún detalle é deixado ó azar, e todo, protagonistas e secundarios, encaixan con gran precisión dentro de cada capítulo.

comics-blacksad_00337934Non é unha obra pretenciosa, e eso é parte da súa grandeza. Utiliza códigos de sobra coñecidos polos lectores, o que a fai accesible á lectura, e contando historias que a priori parecen simples, consegue unha gran profundidade gracias ó tratamento dos personaxes e escenarios, todos eles ben definidos, tanto en personalidade como en contexto, tarefa á que axuda o gran traballo desenrolado por Juanjo Guarnido, un gran debuxante que consegue crear viñetas cheas de vida e personalidade, e facendo que personaxes zoomórficos sexan tanto ou máis expresivos que moitos humanos. Mención especial para o traballo realizado nos escenarios, e na composición das viñetas, que fixo que me quedase embobado fixándome en tódolos pequenos detalles que as compoñen.

blacksad3Entre outros moitos, esta obra conta con dous Premios Eisner, e un Premio Harvey, ademáis de varios premios no Festival de Angoulême.

Conseguín facerme co Blacksad integral,  que recopila os cinco números que compoñen a historia, e despois de leelo,  podo afirmar que é un comic que merece moito a pena ler.

No primeiro álbum,  Un lugar entre las sombras, atopamos unha típica historia Noir,  co protagonista investigando o asasinato dunha afamada actriz, relatando a corrupción imperante no Holliwood da época, onde os poderosos son prácticamente inmunes ante a lei.  Este primeiro relato serve para sentar as bases da ambientación,  presentándonos a varios dos actores da obra,  así como as súas actitudes ante a vida.

4177908169_05b5401321No segundo,  Artic-nation, mediante a investigación da desaparición dunha nena nun barrio deprimido,  relátasenos a que,  dende o meu punto de vista,  sexa a mellor,  e máis cruda das historias que compoñen a colección, falando das tensións raciais da época,  o mesmo tempo que segue a mostrar a corrupción,  e a ansia polo elitismo en diferentes sectores da sociedade dese tempo.

Alma roja,  o terceiro volume, trata sobre a amizade,  os erros do pasado,  o inicio da era atómica e os comezos da caza de bruxas do macarthismo.  Blacksad retorna á súa cidade natal tras traballar de matón para un ancián rico.  Tras ver un folleto da conferencia dun vello amigo seu, respetado físico nuclear,  decide ir a facerlle unha visita,  durante a cal coñecerá un grupo de intelectuales, coñecidos co sobrenome de  “os doce apóstoles”,  e rematará investigando un intento de asasinato perpetrado contra o profesor.

Blacksad-is-PissedChegamos ó cuarto volume da historia, El infierno,  el silencio, onde o noso protagonista é contratado en New Orleans por un reputado productor de jazz,  para encontrar a un talentoso músico,  adicto á heroína que desapareceu misteriosamente.  Aquí podemos ver una vez máis como uns poucos se aproveitaban e facían ricos gracias ó talento de outros que vivían na miseria.

O final da obra,  o capítulo Amarillo,  comeza cun Blacksad hastiado de tanta miseria e morte ó seu redor,  tomándose un descanso antes de volver á casa.  A fortuna parece estar do seu lado cando un descoñecido o contrata para levar os seu coche dende New Orleans ata Tulsa, o que parece un traballo sinxelo, pero a sorte dun gato negro non da respiro, e un par de beatniks rouban o coche, polo que volvemos a atopar ó protagonista percorrendo os Estados Unidos de punta a punta para resolver outro extrano asasinato no que se ve envolto sen saber moi ben cómo.

blacksad plancheblacksad_03blacksad

Unha semaniña de nostalxia

Esta semana estiven recordando vellos tempos, pois atopeime con algo de tempo libre, un lapiz e varios papeles,  polo que me puxen a debuxar por pasar o tempo aproveitando que facía moito tempo que non debuxaba nada estrictamente a base de lápiz, e saíume a vena nostalxica en algúns debuxos, recordando personaxes de series de debuxos que marcaron a miña infancia e adolescencia. Outros son creación propia, pero todos teñen en comun a volta ó básico, un lápiz e un papel.

perdida cor Freezer Ikki PiccoloLange  Guapina  pseudo harlockDrow



¿Dónde está el mando a distancia?

Maquiavelo.indd Escribo este título pensando que la mayoría entenderéis la metáfora y que ese pequeño artilugio, que nos evita levantarnos para cambiar de canal o encender la tele, es conocido por todos. Posiblemente en algún lugar del mundo ya es posible hacerlo dando palmas o con el parpadeo de un ojo, el derecho o el izquierdo, eso ya depende de quién cree el sistema y con la intención que lo haga. En nueve capítulos breves más un prefacio y un epílogo, Pablo Iglesias desarrolla en 141 páginas de rápida lectura una síntesis abrumadora de datos referentes a las ultimísimas tendencias en sociología, crítica literaria y cultural, estudios postcoloniales y de género y un amplio etcétera. El autor da cuenta de todo ese poder disperso entre los distintos grupos sociales que década tras década del pasado siglo han ido tomando consciencia de su ser individuos opuestos a la definición imperante o hegemónica, esa hecha por las élites para los demás, eso que los norteamericanos llaman wasp (White anglosaxon and protestant) y que en la versión ibérica sería mayormente católico. algunos_hombres_buenosPuede que sea por su accesibilidad o sencillez, o quizás por la relevancia y actualidad de los temas que trata, pero este es uno de esos libros de obligada lectura. A pesar de contar con términos y referencias culturales que la gran mayoría de lectores puede encontrar enrevesadas, por no hablar de ciertas películas que posiblemente la gran mayoría no ha visto, no resulta difícil dejarse llevar por esa marea de términos y voces nuevas que ponen en cierto lugar todos aquellos elementos de la sociedad que normalmente pasan inadvertidos e indefinidos. Estos elementos somos tú y yo, también la gran mayoría. Quien escribe, experta en destripar argumentos, no soltará prenda del contenido de dicho libro, más allá de ciertas orientaciones para quienes piensen que no es entretenido meterse un ensayo de política entre pecho y espalda. Nada más lejos ni más cerca de la realidad. Recurriendo al cine, el autor ejemplifica y desarrolla diferentes corrientes de pensamiento que son la base de muchos de los actuales movimientos sociales y políticos. Filosofía de altura descendiendo a tierra, o a la pantalla, quitándole esa aura de imposibilidad que parece tener en los libros de Bachillerato. Lolita (Dominique Swain) 3Pablo Iglesias recorre por nosotros el arduo camino de liberar diferentes ramas del pensamiento del culturalismo y la encriptación a la que parecen estar sometidas para el ciudadano medio, signifique eso lo que signifique. Ese masticar el núcleo duro de las diferentes teorías nos aporta el alimento necesario para soportar todo el cine, entre otras formas de comunicación cultural, que queda por ser analizado. Desde el cine bélico, pasando por el comúnmente conocido como cine social hasta el cine porno o el género snuff, el autor acampa en el campo simbólico de Bordieu para invitarnos a entrar en el mundo del poder con las armas necesarias para el análisis y la reflexión. balada-triste-de-trompeta-alex-de-la-iglesia Por supuesto, a muchos lectores les parecerá absurdo, ridículo o incluso una pérdida de tiempo el dedicarse a analizar películas para hablar de política. Más desbaratado incluso puede resultar la comparación entre el panorama económico y político social actual y alguna serie de moda, como Juego de Tronos, pongamos por caso. De hecho, parece estar en el horno un trabajo acerca de esta serie cuyo título se anuncia como Ganar o Morir. Lecciones de Política en Juego de Tronos. Pues como decía, a todas esas mentes preclaras para los que el cine o la literatura no es lugar para la “política seria”, la de prevaricación y cohecho debe serlo, les aconsejo pensar acerca de la función del arte en épocas tan boyantes como el Románico. Juego-de-Tronos-3           Volviendo al libro, la conclusión que se extrae es una cierta dispersión de dicho poder, una amalgama que puede resultar insatisfactoria, un no saber exactamente qué es lo que estamos viendo en la pantalla, y realmente no tenemos mucha idea al respecto. Por eso los que tienen el mando están encantados y si nadie pide cambiar de canal, mejor que mejor, seguiremos con las mismas películas de siempre. Observamos y comentamos, pero no vamos más allá, hasta el siguiente viernes de estreno, con una pasividad que aún por encima sale rentable. 2003-dogville   Si quisiéramos buscar algo que criticar en este libro quizá sería la selección de películas, puesto que algunas no son demasiado populares. Entre las más conocidas quizás estén Dogville, Balada triste de trompeta, Algunos hombres buenos o Lolita. Puede que fuera más accesible algo del tipo “Marx frente a Hollywood” o “Sade frente a youporn” pero estos podrían ser textos que hicieran más daño, ya no al prestigio del autor, sino a nuestra forma de ver las ficciones que nos presentan día tras día, porque a veces parece que no se sabe quién tiene el mando a distancia ni quién es el que cambia de canal.

Tebras na Alma, a esencia máis escura da alma humana

3face0_e590O día do libro púxenvos un enlace de descarga de Sombras no Berce, e hoxe chegou o día de poñer tamén o enlace do segundo volume deste proxecto, chamado Tebras na Alma, con relatos e ilustracións de varios autores novos galegos, e no que tiven a sorte de poder participar coa  ilustración para o relato “Carne” de Nieves Delgado

“Tebras na alma é un paso adiante cara a madurez, a esa etapa da nosa vida na que as sombras que nos atormentaron no berce xa se retiraron, xa perderon o seu efecto sobre nós, xa non nos infunden aquel temor que se gravara no noso subconsciente.
Nesta colección de relatos, poesías e ilustracións atoparedes a esencia máis escura, máis noxenta e, tamén, a máis demoledora e miserable da alma humana. Pasearedes polas tebras que ás veces se agochan e outras enchen por completo o noso espírito, o noso ser. Seredes espectadores de luxo daquelas escenas que os nosos autores gardan celosamente nos seus máis retorcidos soños.
Benvid@s ás nosas tebras que son as vosas, as que todos levamos dentro, as que nunca seremos capaces de alumear por moito que as desculpemos coas nosas mellores intencións. Pasade e perdédevos nas tebras da vosa alma”

Animádevos a descargalo, que é de balde, e ler un pouco nunca lle fixo mal a ninguén

http://redelibros.es/social/book/1021492

Carne Ilust

Ilustración do relato “Carne” de Nieves Delgado

Os autores cos que teño a honra de compartir páxinas en este proxecto son: José María Picón, Andrea B. Freije. Ariel Martinez, Cristina Botana Iglesias, Cristina Gándara, David Botana, David González Gándara, Fátima Mª García Doval, Isaac Sucasas, José Ángel Ares, Fernando Pérez Barral, Javier Peteiro, Jorge del Oro Aragunde, Jorge Emilio Bóveda, Luis Ahijado, Manuel Moledo, María Abalo de Dios, Marisol Gándara, Maruxa Martinez, Nieves Delgado, Olga Gorbunova, Patricia Mariño, Paula Mariño, Tomás González Ahola, e Xosé Duncan

Calquera día é bo para ler un libro…

Hoxe é o día do libro… debe de ser porque fan descontos en moitas librerías, pois para min calquera día é bo para ler un libro… aquí vos deixo algunhas propostas onde fixen algunha que outra ilustración: Contos Estraños, e Contos no Nicho, cheos de relatos de novos autores galegos, e coa vantaxe de que os libros teñen moi bo prezo.

Se queredes ver algunha outra proposta, podedes descargar de balde o libro de relatos Sombras no berce, onde veredes obras destes mismos autores. 

E ídevos preparando, porque están ao caer as Tebras na Alma

 

Red Dead Redemption, vivindo aventuras no salvaxe oeste

Red_Dead_Redemption_HD_1_by_SkiddMcMarxxEn maio do 2010, o estudio Rockstar San Diego lanzou oficialmente o videoxogo Red Dead Redemption, un sandbox (xogo onde temos case total liberdade de movementos, onde podemos optar por xogar soamente a historia principal, ou dedicarnos á exploración e realización de todo tipo de misións secundarias).

red-dead-redemption-pcNada máis comezar a xogar, xa nos damos conta de que estamos diante dun western en toda regra, atopámonos no 1911, controlando a John Marston, un vaqueiro curtido, baixando dun barco acompañado por dous axentes federales, que lle indican que suba a un tren a Armadillo, no estado de New Austin.

Tras localizar ó seu contacto, éste e Marston dirixense a Fort Mercer, onde no traxecto a cabalo, conversando co contacto, nos enteramos que temos que darlle caza a un foraxido, Bill Williamson, que resulta ser un vello coñecido que dispara a Marston e o deixa ferido. Unha rancheira que pasa por alí recolleo e lévao a casa, onde o cura, e a partir de este momento comeza realmente o xogo…

Nada sabemos nin se nos di sobre o protagonista, o seu pasado ou sobre a súa misión, de esto irémonos enterando según vaiamos avanzando na historia.

red_dead_redemption_review_061

Ó ser un sandbox, como ben dixemos anteriormente, temos total liberdade de movementos, podendo explorar o enorme mapeado, onde atoparemos distintas persoas, que nos farán encargos de todo tipo: axudarlles co gando no rancho, cazar determinados animais, ou atrapar uns foraxidos, ata podemos atoparnos cun asalto e intentar detelo, ou que pola rúa de calquer vila nos desafíe calquera, e de responder, teremos un duelo con el, ó estilo das mellores películas do xénero.

Conta tamén cun sistema de reputación e honor, que segundo sexa o noso comportamento, fará que sexamos ben considerados pola xente e as autoridades, ou temidos e poñendo o sheriff prezo á nosa cabeza, situación que podemos remediar pagando os cartos que debemos, ou presentando algunha carta de indulto.

A ambientación do xogo esta realmente ben conseguida, dende uns paisaxes impresionantes (xa só por velos merece a pena a exploración do mapeado) ata unha banda sonora impresionante, na que temos grandes temas compostos para a ocasión, e que en máis de un momento nos recordarán ós clasicos do cine do xénero, axudando máis se cabe á inmersión na historia.

02285732-photo-red-dead-redemptionEn definitiva, Rockstar consegue, ademáis de un gran xogo, unha gran historia, que vai medrando en intensidade e épica, rendindo un grandísimo homenaxe ó western, atopándonos con múltiples guiños aquí e acolá a grandes clásicos como Grupo salvaxe (quizais o máis evidente, pois o argumento principal é moi parecido), Ata que chegou a súa hora, O tren das 3:10, Tombstone, Os cen rifles, ou Sen perdón.

Un gran xogo, que se che gusta o western, che encantará, e se non, seguramente faga que polo menos sintas curiosidade por el.

Para rematar o artigo, deixovos un vídeo cos 15 primeiros minutos do xogo, que conteñen o resumo que vos fixen un pouco máis arriba, para que vexades de primeira man o bo facer de Rockstar, comezando o xogo tal e como o faría un western clásico

Hellblazer, ese miserable bastardo…

hellblazer235Nin o mesmo Alan Moore, cando creou a John Constantine, soñou nunca que este cínico e manipulador personaxe, se iba a converter no protagonista dunha das series que serían, xunto con Sandman, Predicador, Swamp Thing, ou Animal Man, entre outras, os pilares sobre os que se asentaría a Liña Vertigo, e moito menos, que iba ser a súa serie máis duradeira, con 300 números ó lombo.

Pero a verdade é que John Constantine, ou como os seus coñecidos soen dicir: “ese cabrón egoísta”, ten algo que nos atrae…

debutou como personaxe no 1985, no número 37 de Swamp Thing. Era un mago de orixe británico, con gabardina, pelo rubio e sempre fumando, que iba e viña, sempre metendo en apuros o pobre Swamp Thing, a base de manipulacións e misterio.

Alan Moore basouse nas pintas que tiña Sting por aquel entonces para describilo (vamos que o clavaron escollendo a Keanu Reeves na película Constantine)

HellBlazer-200-tim-Bradstreet

O personaxe gustou tanto que non tardou en gañarse unha serie propia titulada Hellblazer

O primeiro guionista de Hellblazer, Jamie Delano, foi recomendado por Alan Moore para ocuparse da serie, e podemos dicir que sentou as bases de como é Constantine, deulle o ambiente, o trasfondo, os recordos de infancia, a súa actitude e o máis importante, deulle vida a un personaxe que nacera para ser un secundario misterioso, e converteuno en algo máis, contando historias adultas, con tintes realistas, e baseandose no cotidiano, falando de política, de miseria, e retratando, a traves das aventuras do personaxe, a realidade da inglaterra do momento, o pesimismo e oscurantismo da era Thatcher, e o descontento xeral da poboación.

Así mesmo, a pesar de ser Constantine un mago, e que moitas das súas aventuras teñen roces co mundo sobrenatural, sempre acabamos chegando á conclusión de que a maior escuridade e perversidade está dentro de nós, o ser humano.

hb213

John Constantine sabe perfectamente que ten unha especie de imán para os problemas, ademáis, é consciente de que vai rematar ardendo no inferno, pero sen embargo, sempre soe saír airoso, cun sorriso cínico e fumando un dos seus Silk Cuts, e unha aura de misterio que desconcerta a calquera.

Non se pode dicir o mesmo dos seus amigos, pois con bastante frecuencia o dano acaba rebotando sobre calquera deles, chegando algúns incluso a acabar mortos. Os motivos de Constantine sempre son un misterio, actúa de maneira egoísta e manipuladora, baseándose sempre no seu propio instinto de supervivencia.

Pero pese a todo, é un personaxe complexo e fascinante que, unha vez comezas a ler as súas aventuras, xa non podes facer outra cousa máis que seguir adiante.

Bermejo Hellblazer 245 and 246 Covers

Certo é que, tras 20 anos de publicación a serie ten altos e baixos, pero ten grandes etapas, como as de Jamie Delano, Garth Ennis ou Warren Ellis (os autores ingleses sempre conseguen sacar o mellor de Constantine, quizáis é que comprenden mellor a idiosincrasia británica do personaxe), ademáis do número guionizado por Neil Gaiman, unha historia corta que pon os pelos de punta

Se nunca vístedes de Constantine máis que a película, recoméndovos ler este cómic, para quitarvos o mal sabor de boca, e ler a historia na que se basea a película, moito máis gamberra e divertida, e se nin a película vístedes, recoméndovos non vela e ler esta serie para desfrutar dunha gran obra, que ten os seus defectos, pero que os compensa coas súas virtudes.

1367Durante os 300 números da serie pasaron guionistas como Jamie Delano, Grant Morrison, Neil Gaiman, Dick Foreman, Garth Ennis, John Smith, Eddie Campbell, Paul Jenkins, Warren Ellis, Darko Macan, Brian Azzarello, Mike Carey, Denise Mina, Andy Diggle, Jason Aaron, Andie Diggle, Dave Gibbons, China Miéville e Peter Milligan, e debuxantes como John Ridgway, Mark Buckingham, Tim Bradstreet, Steve Dillon, Marcelo Frusin, Leonardo Manco, Javier Pulido, Richard Corben, Leonardo Manco, ou Sean Phillips, entre outros.
Sen olvidarnos das portadas de Dave McKean, Kent Williams, David Lloyd, Tom Canty, Glenn Fabry, John Eder, Tim Bradstreet, Greg Lauren, Lee Bermejo, Leonardo Manco e Simon Bisley